Xestión Documental en Plataformas de CAE

En Equaby Prevención, damos un paso máis no noso compromiso coa seguridade e a prevención laboral co lanzamento do noso novo servizo especializado na xestión documental en plataformas Coordinacion de Actividades Empresariais (CAE).

Con este servizo axudamos a dar cumprimento ó establecido no artigo 24 da Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais e o Real Decreto 171/2004 de Coordinacion de Actividades Empresariais.
Sabemos que a CAE pode ser un proceso complexo e esixente, especialmente para as subcontratas que deben cumprir cos requisitos documentáis dos seus contratistas. Por iso, o noso servizo está deseñado para simplificar este proceso e garantir o cumprimento normativo en todo momento.

¿Que inclúe o noso servizo?

  • Implementación do sistema de coordinación coa empresa cliente (contratista)
  • Xestión integral da documentación
  • Encargámonos da creación dun arquivo documental e a súa actualización periódica de forma que a documentación preventiva requirida polos contratistas esté o día .
  • Alimentación de documentación nas plataformas CAE dixitáis
  • Realizamos a carga de todos os documentos necesarios nas plataformas CAE empregadas polos contratista
  • Seguimento e actualización
  • Supervisamos o estado da documentación subida e xestionamos renovacións, actualizacións e calquer incidencia que poida xurdir no proceso.
  • Documentación que xestionamos

Entre os documentos máis habituais que nos encargamos de xestionar e subir ás plataformas CAE destacan:

  • Plan de Prevención de Riscos Laborais.
  • Certificados de aptitude médica dos traballadores.
  • Acreditacións de formación xeral e específica en prevención.
  • Entrega e uso de Equipos de Protección Individual (EPIs).
  • Actas de adhesión a plans de seguridade (en construción ou outros sectores específicos).
  • Documentación técnica relacionada con maquinaria e equipos.
  • Outro tipo de documentación solicitada sempre que sexa enviada por la empresa.

Beneficios de confiar no noso servizo

• Aforro de tempo e recursos
Deixa nas nosas mans a xestión documental e céntrate na túa actividade principal.
• Cumprimento normativo garantido
Evita erros, atrasos ou rexeitamentos de documentación que poidan comprometer a túa participación no proxecto.
• Tranquilidade e confianza

O noso equipo de expertos garante unha xestión eficiente e profesional que cumpre con todas as normativas de Prevención de Riscos Laborais.

¿Por qué externalizar esta tarefa?

O proceso de recompilación e subida de documentación pode ser tedioso e consumir recursos que as empresas subcontratadas a miúdo non teñen. Externalizar esta tarefa a un equipo especializado non só reduce o estrés administrativo, senón que tamén garante un cumprimento normativo impecable e un importante aforro económico, e coa garantía de asesoramento de profesionais da prevencion de riscos.

En Equaby Prevención, somos o teu aliado estratéxico na Coordinación de Actividades Empresariais, asegurando que cada detalle estea en orde e permitindo que te centres no que realmente importa: o teu traballo.

Contacta connosco

¡Non agardes máis para optimizar a xestión documental dos teus proxectos e contacta connosco hoxe mesmo e descubre como podemos axudarche a simplificar e garantir o cumprimento das túas obrigas CAE!
Pide o teu orzamento aquí.

EQUABY PREVENCIÓN RIESGOS LABORALES
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.